boca da terra
E-bok
Galiciska, 201975 kr
Läs direkt i Bokus Reader – eller ladda ned till din enhet
Beskrivning
A d'A boca da terra e unha poesia de natureza insurxente. Porque aqui a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironia no eco das campas. Tamen se agocha nas ruinas e aluca, sentinela, o pasar dos caminos. Lembra e sona: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a lina do horizonte esta a espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as persoas humanas e non humanas, e mesmo as maquinas: a bascula de Ohio que pesa cousas e emocions, o rancor dos tractores nas granxas abandonadas... E abrangue a linguaxe, as palabras que, como velairinas arredor da lampada, loitan contra a extincion, desvelan un misterio e crean outro, como corpos que se agochan en almas.