Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta sair adiante vendendo cocaina e deixandose enredar polos estranos negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en debeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos pais nun accidente de trafico, ocupase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irman morto. Na loita por superar a orfandade e non renderse ante as circunstancias, Mateo procura o apoio de Andres, un sacerdote que anos atras o axudou a desintoxicarse e agora insiste en solucionarlle as dubidas de fe. A inesperada aparicion de Irene na cidade, unha relacion que o marcou para sempre, e o descubrimento da Barronka, un edificio rehabilitado por un grupo de anarquistas, prenden en Mateo unha chama de esperanza para seguir vivindo. Pero os seus terrores non estan dispostos a abandonalo. Todo e unha lembranza. A lembranza banada en sangue dos derradeiros dias da sua vida.