E-bok, Galiciska, 2014
¡Sireno, Sireno !
Av An Alfaya
92 kr
Läs direkt i Bokus Reader – eller ladda ned till din enhet
Beskrivning
Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. "¡Sireno, Sireno!" é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, esperta emocións intensas e contraditorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, "o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal". Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.
Produktinformation
- Utgivningsdatum: 2014-12-03
- Språk: Galiciska
- Filformat: EPUB
- Kopieringsskydd: LCP
- ISBN: 9788499147871
- Förlag: C.G.A. Comercial Grupo Anaya S.A.
- Illustratör: Xulia Barros
Utforska kategorier
Betyg & recensioner
0 recensioner
Inga recensioner tillgängliga.