Jacobo Fernandez Serrano – författare
Visar alla böcker från författaren . Handla med fri frakt och snabb leverans.
3 produkter
3 produkter
E-bok
Galiciska, 202681 kr
Läs direkt efter köp
Marcopola acaba de estrear pernechas e xa esta preparada para recuperar o remo roubado. Acompanada dos seus inseparables Libro e Dragoneta, deixara a Costa das Patacas e ira cara ao interior a traves de fabulosas paisaxes na procura de pistas que lles axuden a dar con el. No camino atoparan novos amiguinos, vellos e perigosos inimigos e outros seres que non se sabe que son. Calquera cousa pode pasar nesta incrible viaxe, pasino a pasino, TERRA A DENTRO!
E-bok
Galiciska, 201490 kr
Läs direkt efter köp
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou "que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil."
E-bok
Galiciska, 201490 kr
Läs direkt efter köp
Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicandose e comendo mazas. Que aventuras correran na viaxe de regreso a Nil? Como atoparan a sua vila? Que sera do neno Propicio, do cocho Isaias, do rio Inrique e de todos os demais? E o mais importante: que sera de Hedion? Unha cousa podese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son.