Iria ten que deixar a cidade onde vive, as súas amigas, o colexio, a praia das tardes do verán..., para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo, moito máis consciente. Todas elas teñen en común unha curiosa característica: calzan un zapato de distinta cor en cada pé. Iria descubrirá que ese distintivo é o que identifica os membros dunha sociedade creada en Malvela: «As Sentinelas do Silencio».
As casas da rua que Lua percorria todos os dias para ir ao colexio, a pasteleria, a tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avo xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas. Lua e a sua familia vense na obriga de fuxir do horror da guerra e instalanse en Ningures, un campo de refuxiados onde semella que xa non queda esperanza. Poren, vai ser nese lugar onde Lua descubra cales son os valores realmente importantes na vida das persoas.