Maria Brenn – illustratör
Upptäck titlar med illustrationer av Maria Brenn.
3 produkter
3 produkter
E-bok
Galiciska, 202390 kr
Läs direkt efter köp
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñer trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto (e por ser máis intelixente que todos eles). Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.
E-bok
Galiciska, 202190 kr
Läs direkt efter köp
Nunha encrucillada de caminos Leopolda Dieguez contalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae a rua en busca de aventuras coa sua capa e cun colgante en forma de sol. Non imaxina que esta a piques de comezar unha viaxe emocionante ao lado de Virxilia, a nena de Vila Ambrosia. O mundo das abellas maxicas de Eiramae esta en perigo, pero que pode facer un superheroe que non soporta os insectos, por moi maxicos que sexan?
E-bok
Galiciska, 202190 kr
Läs direkt efter köp
Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!». Pero Antía ten moi claro a que lle gustaría dedicarse, e os oficios que imaxina non poden estar máis lonxe do que se agarda dela.