Xose Cobas – illustratör
Upptäck titlar med illustrationer av Xose Cobas.
7 produkter
7 produkter
E-bok
Galiciska, 202183 kr
Läs direkt efter köp
«Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatolóxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio.» Ese xenio é Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos coñecer a figura do xenial compositor a través dunha viaxe polo Camiño de Santiago ata chegar a Galicia. O libro contén un CD, coordinado e interpretado polo frautista Luis Soto, con cuartetos de Mozart para frauta e trío de cordas que dialogan coas músicas tradicionais galegas.
E-bok
Galiciska, 202490 kr
Läs direkt efter köp
Suso de Toro relata un episodio desconecido ate o momento da biografia de Joseph Haydn: un desvio da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu conecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomia, a nosa lingua, a musica que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamen deixa a sua influencia nos musicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimental na memoria do gran compositor. Todo o que relata o autor conta con documentacion da epoca, excepto a propia visita do musico, da cal non hai constancia certa.
E-bok
Spanska, 201297 kr
Läs direkt efter köp
En el campanario de la iglesia de Eiranova acaban de instalar un reloj. Comienzan a sonar las campanadas que anunciaran a todos los habitantes que son las doce de la noche. Una, dos, tres..., diez, once... Entonces sucede algo que revolucionara a todo el pueblo y que solo cinco ninos se ocuparan de investigar.
E-bok
Galiciska, 201990 kr
Läs direkt efter köp
Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio a ESO non sera doado, e menos cando un novo misterio peta nas suas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear. Na sua pescuda por descubrir quen e esa rapaza, aprenderan a ver o mundo con outros ollos e coneceran dous novos amigos e a odisea que viviron ata chegar a vila: unha viaxe a traves dos caminos do vento.
E-bok
Galiciska, 202190 kr
Läs direkt efter köp
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, «divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras». Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil. «Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes», estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.
E-bok
Galiciska, 201490 kr
Läs direkt efter köp
No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciaran a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, duas, tres..., dez, once... Enton sucede algo que habera dar nun acontecemento que so cinco rapaces resoltos e afoutados quereran pescudar ate encontrar explicacion para un fenomeno que a todos confunde. Unha por unha iran resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levaran a encontrar ao responsabel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos a ultima paxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiara a perspicacia e a intelixencia do lector.
E-bok
Galiciska, 201490 kr
Läs direkt efter köp
A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra. A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.