Poesia reunida de X. L. Mendez Ferrin
AvAnxo Angueira,X. L. Mendez Ferrin
E-bok
Galiciska, 2024122 kr
Läs direkt i Bokus Reader – eller ladda ned till din enhet
Beskrivning
A figura e mais a obra de X. L. Mendez Ferrin son determinantes na historia da Galicia contemporanea. No caso da sua poesia achamos un rio de longa e as veces accidentada singradura, especialmente por causas politicas durante o periodo franquista, que aqui se detallan. Comeza con Voce na neboa (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais caminos do poeta, e prosegue con Antoloxia popular (1972), poesia civica asinada por Heriberto Bens, poeta heteronimo do noso autor desde Poesia enteira de Heriberto Bens (1980). A publicacion en 1976 de Con polvora e magnolias e un antes e un despois na historia da literatura galega contemporanea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poetico compre engadir en O fin dun canto (1982). En 1994 Estirpe supora un importante xiro estilistico e tematico, mentres que Contra Maquieiro (2005) sera un mais ala que pecha o conxunto. Polo medio ainda outras obras moi relacionadas coa expresion plastica Homes e illas (1986), Morte de Amadis (1989), Erotica (1991), O outro (2002) e Albh (2007). Neste volume incluese tamen a sua poesia dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en Era na selva de Esm (2004). Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaista, fixo a sua tese sobre Bretana, Esmeraldina de Mendez Ferrin e a edicion critica da poesia de Rosalia de Castro. Esta edicion da poesia do autor ourensan ofrece un longo estudo introdutorio, asi como un detallado repertorio de notas de cada poema.