Jacobo Fernandez Serrano – illustratör
Upptäck titlar med illustrationer av Jacobo Fernandez Serrano.
7 produkter
7 produkter
E-bok
Galiciska, 202390 kr
Läs direkt efter köp
Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre "Vancouver", a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Xaora, os dous amigos quedarán abraiados ao veren como Valentina aprendera tan rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa "Celífera", progresando sobre a bicicleta a unha velocidade que ninguén imaxinara nunca. Precuela de "A filla do ladrón de bicicletas", Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.
E-bok
Spanska, 201497 kr
Läs direkt efter köp
El zorro Pindo es un solitario, pero se sabe los cotilleos de todos los animales y las personas. Y tiene un poder muy especial: puede hipnotizar a cualquiera con sus "e;ojos de linterna"e;. Consiguio ese poder viendo como el sol, al atardecer, reflejaba sus ultimos rayos al fundirse con el mar. Pero la maestra Rosa, harta de que Pindo le robe sus gallinas y se burle de su perro guardian, va a demostrar al zorro que ella tambien tiene una magia muy poderosa.
E-bok
Galiciska, 201890 kr
Läs direkt efter köp
«É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa existencia. Esta estraña nena contaba cun poder moi especial: era quen de abrir portas a outras realidades! Romeu e mais os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para axudarlle a retornar ao seu mundo.
E-bok
Galiciska, 201390 kr
Läs direkt efter köp
O raposo Pindo e un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di e fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: e quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a sua luz, ao afundirse no mar, despedindo o dia.
E-bok
Galiciska, 201490 kr
Läs direkt efter köp
Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo. O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando "a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia". A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para lectores de 11 anos en diante.
E-bok
Galiciska, 201490 kr
Läs direkt efter köp
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou "que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil."
E-bok
Galiciska, 201490 kr
Läs direkt efter köp
Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicandose e comendo mazas. Que aventuras correran na viaxe de regreso a Nil? Como atoparan a sua vila? Que sera do neno Propicio, do cocho Isaias, do rio Inrique e de todos os demais? E o mais importante: que sera de Hedion? Unha cousa podese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son.