Grou, o Merlo Vello, ensinalles aos merlinos mais novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Bulebule queda tan fascinada coa historia do Merlo Branco que cre ser ela a elixida para lle dar vida a ese merlo que ha traer outra epoca de felicidade a sua especie. Mais cando a Roda da Vida da unha volta comprende que o Merlo Branco esta en cada un, sen distincion de cal sexa a sua cor ou seu aspecto. O seu sono agora e ser unha Merla Vella para contarlles aos mais novos os segredos da Roda da Vida, que xira e xira e nunca deten o seu xirar.
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, «Muriel» foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».